Admisións 2015-16

Colexio Apóstol Santiago - Xesuitas Vigo
Admisións curso 2015-16

 
 
Os prazos dispoñíbeis para a solicitude de ingreso de NOVOS ALUMNOS no Colexio
para o vindeiro CURSO ACADÉMICO 2015-2016:

 

NIVEL ACADÉMICO
PRAZO DE SOLICITUDE
Ed. Infantil, Ed. Primaria, E.S.O.
Do 2 ao 23 de marzo
Bacharelato
A partir do 4 de febreiro (ata cubrir as prazas)

Aquelas persoas que estean interesadas en que o seu fillo ou a súa filla estude no Colexio, deberán recoller na secretaría ou descargar dende o enlace que aparece na parte superior desta mesma páxina a información completa e a documentación necesaria dentro do prazo sinalado.

NOTA: Para solicitar praza para Educación Infantil de 3 anos, cómpre ter nacido no ano 2012.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA 1º E 2º DE BACHARELATO
1º BACHARELATO: Notas finais de 2º e 3º ESO así coma das avaliacións do curso actual.
2º BACHARELATO: Notas finais de 3º e 4º ESO así coma das avaliacións do curso actual.
TODOS: Certificado do curso no que está matriculado co CÓDIGO XADE

Hai prazas dispoñíbeis en Educación Infantil 3 anos, en 1º de Primaria e en 4º de Primaria, así coma en 1º ESO, 2º ESO, 4º ESO, 1º Bacharelato e 2º de Bacharelato. Para os restantes cursos poderán cubrir a solicitude, condicionada sempre ás posíbeis prazas que poidan quedar baleiras.

?

 XORNADAS INFORMATIVAS E DE PORTAS ABERTAS

O Colexio Apóstol Santiago organiza unhas Xornadas Informativas e de Portas Abertas, durante os meses de febreiro (a partir do día 4) e marzo para todas aquelas nais e pais que desexan que os seus fillos comecen o seu proceso formativo no Apóstol. 

A finalidade destas Xornadas é dar a coñecer ás familias interesadas o noso Proxecto Educativo, as instalacións e os distintos servizos que presta o Centro, así coma responder a calquera das dúbidas que poidan xurdir.

Para os pais dos futuros alumnos de Educación Infantil e Primaria estas visitas están programadas os mércores pola tarde, comezando ás 15:30 na portería do colexio, cunha duración aproximada de 1 hora. 

Para os pais dos futuros alumnos de Educación Secundaria e Bacharelato, ademais de poder asistir ás Xornadas de Información e Portas Abertas nos días indicados anteriormente, se o desexan, tamén poderán solicitar unha entrevista co director destes niveis para coñecer as características propias destes cursos (actividades, agrupamentos, materias bilingües, itinerarios na ESO, modalidades de bacharelato…)

Por motivos de organización é preciso concertar cita previa, chamando ao teléfono do colexio 986 371011

 
Si desexa realizar algunha consulta por correo electrónico escríbanos a:
Ed. Infantil e Ed. Primaria: admisiones.infprim@colegioapostol.com
E.S.O. e Bacharelato: admisiones.esobach@colegioapostol.com

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA