SERVIZO DE RESERVA DE LIBROS DE TEXTO 2018-2019

Versión para impresión

Un ano mais a libraría do Colexio ofrece a posibilidade de reservar os libros de texto dos alumnos.

As familias que estean interesadas en reservar os libros a través da libraría, poderán facelo a través do enlace que se abrirá na páxina web do Colexio do 22 de xuño ó 4 de xullo, ambos incluídos. Para acceder á reserva de libros simplemente terán que teclear como usuario o NIF dun dos titores (coa letra en maiúscula) e como contrasinal o mesmo NIF[1].

Unha vez feita a reserva, non se admitirán cambios ou devolucións, salvo ás familias de ESO e Primaria[2] que soliciten Fondo de Libros. Nestes casos o Colexio cancelará a compra dos libros que lles outorgue a Xunta. O servizo de reserva inclúe:

  1. A preparación do lote de libros comprados no colexio. A entrega de este lote farase como sigue:
    1. Para todas os/as nenos/as de Infantil, de Primaria, de BACH e da ESO que NON pidan libros ó fondo de libros, os libros estarán a súa disposición na Librería do Colexio desde o  01 de setembro 2018 en horario de 10h a 14h de luns a venres. Se houbese calquera retraso na entrega dalgún dos libros, informaráselles oportunamente.
    2. Para as familias da ESO que SÍ pidan libros ó fondo de libros, o pedido no Colexio non poderá entregarse ata despois da saída das listaxes definitivas de Fondo de Libros (14 de setembro). Polo tanto, a estes alumnos entregaránselles os libros durante os 3 primeiros días de clase.
  2. Un agasallo para comprar superiores a 50 €
  • Alumnos de 3ª Primaria en adiante: o agasallo da Axenda Escolar Ignaciana.
  • Para os alumnos de Infantil e 1º e 2º de Primaria, un agasallo especial de Librería.

O pago dos libros farase da seguinte maneira:

- Xirarase un recibo bancario en concepto de depósito, de 25 euros por alumno/a que reserve os libros con Colexio, en xullo 2018. A devolución de este recibo implica a cancelación da reserva.

- En setembro de 2018, xirarase o recibo co importe total polos libros comprados, cos seguintes descontos:

  • O importe de axuda outorgado pola Xunta, no seu caso
  • O importe de 25 euros de depósito

Para calquera dúbida, poden poñerse en contacto co Colexio por teléfono ou no email libreria@colegioapostol.com

 

[1] Cando accedan por primeira vez pediráselles que cambien o seu contrasinal e introduzan ou revisen, e corrixan se procede, o seu email para que poidan recibir a confirmación da súa solicitude e outras comunicacións.

[2] Data publicación listaxes Fondo de libros Primaria: 20 de xullo. Data de publicación listaxes ESO: 14 de setembro

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA