PROGRAMA DE ACOLLIDA DE AUXILIARES DE CONVERSA

Versión para impresión

O noso colexio participa desde fai varios anos nun Programa de Auxiliares de Conversa, que nos permite gozar de varios falantes nativos de lingua inglesa que dan soporte ao proxecto plurilingüe do colexio, facendo tarefas de asistencia e soporte ás actividades de ensino-aprendizaxe do inglés e aumentando o contacto dos nosos alumnos con esta lingua. 

Un dos elementos fundamentais do programa son as familias que durante o curso escolar poden acoller a un auxiliar de conversa nas súas casas. Estas familias proporciónanlles aloxamento e manutención, axúdanlles á integración do seu novo lugar de residencia e son o seu primeiro contacto coa nosa lingua e cultura. 

Si estades interesados en participar desta experiencia, que pode ser para vós e os vosos fillos un intercambio lingüístico e cultural moi enriquecedor, invitámosvos a unha reunión no salón de actos o 13 de xuño ás 18.15 para informarvos de forma máis detallada desta actividade e contestar ás dúbidas que poidades ter.

A partir da reunión o prazo para realizar a inscrición na actividade terminaría o luns 18 de xuño e esta farase mediante un correo enviado ao coordinador de idiomas, raul.prada@colegioapostol.com, indicando o voso nome e apelidos, nome e apelidos e curso dos vosos fillos e un móvil para o contacto.

Podedes obter máis información sobre este programa neste documento.

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA