CAMPAMENTO URBANO

CAMPAMENTO URBANO 2018
1º a 6º E.PRIMARIA

Conscientes da necesidade de aportar alternativas de ocio aos nen@s durante as épocas de vacacións, a FUNDACIÓN LOIOLA GALICIA e o COLEXIO APÓSTOL SANTIAGO organizan un CAMPAMENTO URBANO aberto a tod@s @s nen@s de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos (1º a 6º E. Primaria).

Tendo en conta que moitas familias están traballando nestas datas, haberá unha ampla posibilidade de horarios e actividades (entre as 9.00h da mañá e as 20.30h) con xantar e merenda no propio centro. Así achegámonos o máis posible a un campamento convencional.

Con esta oferta tentamos conseguir que os nosos nen@s poidan disfrutar dunha variada gama de actividades lúdicas, convivindo e relacionándose con outr@s compañeir@s. A nos, como educadores, permítenos traballar todo aquelo relacionado coa educación non formal: autonomía, relación cos outros, respecto ás normas, hábitos, valores...

CARACTERÍSTICAS:

Datas: 8 días. Do venres 22 de xuño ao venres 29 de xuño

Horario: 09:00-9:30 h. horario de chegada. 9:30-20:30 h. asistencia obrigatoria.

Servicio Madrugadores: As familias que o precisen poderán solicitar previamente o servicio de gardería de 8:00-9:00 da mañá.

Participantes: Alumnos de Educación Primaria. Poderán participar familiares e amigos doutros colexios.

Monitores: Equipo de profesores e monitores do colexio.

Número de prazas: O campamento terá lugar no caso de ter un número mínimo de 40 rapaces. O número máximo de prazas é de 100, concedidas por orde de inscrición.

Actividades: Obradoiros de reciclaxe, , obradoiros e actividades en inglés manualidades, música... Marchas, rastrexos, xogos cooperativos, deportes alternativos, xincanas, concursos de probas... Haberá dous días de excursión e dúas noites de durmida no centro.

Instalacións: Colexio Apóstol Santiago.

Comida: A tódolos participantes daráselle a comida, o aperitivo a media mañá e a merenda, e os días de durmida a cea e o almorzo. Os días de excursión cada un levará a súa comida e merenda.

Material: Os materiais de actividades serán por conta da organización.
Os días de marcha levarán unha mochila coa comida e merenda, cantimplora ou botella de auga, calzado axeitado, calcetíns, gorro para o sol e crema protectora.
Para as noites de durmida precisarase saco de durmir. Todos os días deberán traer unha mochila cos útiles de aseo persoal (toalla, xabón, chanclas, cepillo e pasta de dentes, peite) e muda de reposto para poder ducharse e cambiarse despois das actividades.

Prezo: O prezo da actividade será de 208€ (26€/día), que será ingresado no banco.

Banco de Santander
Nº de conta ES81 0049-5030-18-2216678143

Indicando : Urbano Ed. Primaria Xesuítas Vigo e Nome e apelidos do neno

Desconto do 20% para @ segund@ irmán/irmá 35% para @ terceir@ irmán/irmá

Importante:

  • Pódese solicitar a folla de inscrición na portería do colexio, ó coordinador de paraescolares ou descargala AQUÍ.
  • Os interesados entregarán a folla de inscrición xunto co recibo do pagamento ó coordinador de paraescolares ou en portería antes do día 15 de xuño. No caso de ter dúbidas se hai prazas, preguntar antes de facer o pago.
  • Para máis información poden poñerse en contacto no 986-371011 preguntando polo coordinador de paraescolares ou no correo alberto.rodriguez@colegioapostol.com
  • Reunión: Teremos unha reunión explicativa o luns 11 de xuño ás 19:00 no Centro Gárate.
we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA