COMEZAMOS AS XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

Versión para impresión

Nesta semana os alumnos comezarán coas sesións de orientación académica para a toma de decisións relativas ao curso que vén e/ou o seu futuro universitario.

O prazo de matriculación para os nosos alumnos (os que xa pertencen ao Apóstol) abrirase o 26 de febreiro e rematará o 7 de marzo. Os alumnos terán que cubrir a folla das materias que escollerán para o vindeiro ano, previo traballo nas titorías de todas aquelas dúbidas que lles puidesen xurdir. Así mesmo explicaremos as diferentes materias bilingües coas que se atoparán. Esta folla de optativas entregaráse na Secretaría do centro no prazo indicado anteriormente.

Dito documento tamén podedes descargalo do blog de orientación que o Colexio pon á vosa disposición, ben accedendo directamente a este enlace BLOG DE ORIENTACIÓN DO COLEXIO APÓSTOL SANTIAGO ou entrando nel a través da páxina web do colexio e premendo na parte esquerda onde pon “Intranet” para acceder despois ao DEPT. ORIENTACIÓN.

Parécenos que é unha boa ferramenta de consulta na que atoparedes toda información dos distintos cursos así coma os documentos necesarios. Convidámos ós pais a visitalo cos seus fillos coma axuda para a súa toma de decisións.

Aproveitamos para agradecer as familias a confianza depositada en nós para esta tarefa común que temos: desenvolver persoas compasivas, competentes, comprometidas e conscientes.

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA