CAMPAMENTO VERÁN IGNATIAN ENGLISH HOUSE PARA 5ºEP, 6ºEP E 1º ESO

Versión para impresión

Un ano máis queremos presentarvos a experiencia Ignatian English House (IEH), o campamento de inmersión lingüística organizado pola Compañía de Xesús en Celorio (Asturias) para nenos e nenas de 5º e 6º de EP (e 1ºESO en número reducido).
Este campamento desenvólvese ao longo de 15 días, en dúas quendas nos meses de xuño/xullo, co obxectivo fundamental de perfeccionar o inglés adquirido durante o curso escolar, a través dunha experiencia de inmersión lingüística nun contexto de convivencia responsable e de formación integral do alumnado nas súas facetas persoais, sociais e espirituais.
Ao longo dunha quincena de convivencia e inmersión lingüística, compaxinan docencia, ocio, deporte, aventura, veladas, xogos, etc..etc…nun entorno natural espectacular, en compañía, en todo momento, de mestres e monitores vinculados aos colexios dos xesuítas en Asturias.
Podedes consultar más información sobre datas, costes, condicións, loxística etc... no enlace do BLOG do IEH:

 http://celorioenglishouse.blogspot.com.es/

Ademais, o próximo martes 30 de xaneiro ás 18.30, no Salón de Actos, Eusebio de la Vega López, director do campamento IEH, estará no colexio para ter una reunión, sen ningún compromiso, con todas as familias interesadas en ter información máis polo miúdo desta fantástica e exitosa experiencia.

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA