O COLEXIO ACOLLE O I ENCONTRO DA PAL GALICIA

Versión para impresiónVersión PDF

O colexio acolleu o pasado sábado, 11 de febrero, o I Encontro da PAL (Plataforma Apostólica Local) de Galicia, no que participaron unhas 250 persoas. Unha oportunidade de coñecer todas as obras que facemos posible a presenza da Compañía de Xesús no territorio galego.

Ademais dos tres colexios da Compañía en Galicia (A Coruña, Santiago e Vigo), acudiron membros doutras obras como Radio ECCA, Entreculturas (con voluntarios das súas tres sedes en Galicia), o Colexio Maior Universitario San Agustín, a Rede Ignaciana da Coruña, o programa Peregrinus de Santiago de Compostela e Aulas de Maiores.

A xornada iniciouse coas palabras de benvida do Pai Isidro González Modroño, en representación da PAL Galicia, ás que seguiron as de Pedro Armada, superio dos xesuítas en Vigo, que leu unha emotiva carta do novo Pai Xeral da Compañía de Xesús, o venezolano Arturo Sosa, felicitando ao colexio Apóstol Santiago polos seus 100 anos na cidade de Vigo.

Ver Album de fotos ->

O director do colexio, Iván Mirón, deu por inaugurado o encontro e comezou a primeira das conferencias, impartida polo xesuíta José Ignacio García Jiménez, titulada “Retos e oportunidades de futuro á luz da Congregación Xeral 36”.

O seguinte momento foi o do encontro e coñecemento de todas as obras da Compañía en Galicia. Divididos por grupos, todos os asistentes foron coñecendo unha a unha estas organizacións no que denominamos Feira de Mostras.

A actividade seguiu, xa mais centrada no centenario do colexio, cunha actuación do alumnado de Primaria, que interpretaron o Himno do Centenario nun dos momentos máis emotivos da xornada.

O xornalista vigués Jorge Lamas, antigo alumno do colexio, impartiu unha conferencia sobre as historia dos 100 anos do colexio na cidade na que recalcou as súas fortalezas e tamén a debilidades durante ese século de presenza en Vigo. Posteriormente, e antes da eucaristía, tivo lugar a estrea do vídeo institucional do centenario, titulado “Colexio Apóstolo Santiago, Xesuítas, 100 anos educando persoas. Vigo, 1916-2016”.

Os actos finalizaron cunha comida de confraternidade no comedor do colexio, xa coa presenza de todo o equipo organizador do evento e o grupo de voluntarios e voluntarias (alumnado do colexio) que durante todo o día apoiaron nos labores de loxística.

Foi un día histórico para coñecernos un pouco mellor e que estivo cheo de emocións e reencontros. E tamén unha magnífica desculpa para seguir celebrando os 100 anos da chegada do noso colexio a Vigo con toda a familia jesuítica.

Carta do Pai Xeral da Compañía de Xesús ver->

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA