EN MARCHA A CAMPAÑA DE NADAL 2016

Versión para impresiónVersión PDF

Co inicio do tempo de Advento, este mes de decembro desenvolvemos nas diversas áreas da comunidade escolar a Campaña de Nadal 2016, un tempo para celebrar pero tamén para lembrar o noso compromiso cos que menos teñen.

Este ano, o Centenario do Colexio Apóstol en Vigo anímanos a dar grazas por tanto ben recibido, por tanto camiño percorrido, pero sen esquecer que a realidade da nosa sociedade é dura para moitas persoas. Por iso, coas nosas accións tentaremos mellorar un pouco a vida dos demais.

Os alumnos de ESO e Bacharelato levarán a cabo a campaña de recollida de alimentos, cunha charla de motivación sobre a mesma e toda a loxística para que cheguen aos seus puntos de destino. En Infantil e Primaria realizarán o Belén Vivente, haberá celebracións e algunhas, como  o Día dos Avós e Avoas (14, 15 e 16) estarán abertas ás familias.  Teremos os festivais por ciclos, a decoración das árbores do barrio e, o día 21, a chegada ao colexio dos paxes e dos Reis Magos.

Para as familias, teremos unha celebración eucarística o día 18 ás 12:30, e para o equipo docente, será o  día 21.

E Bo nadal a todos!!

TRIPTICO INFORMATIVO NADAL 2016

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA