BANCO DE LIBROS

Versión para impresiónVersión PDF

Este ano, desde a ANPA, en colaboración co Colexio, imos pór en marcha un Banco de Libros de Texto para Primaria, ESO e Bacharelato que foi concibido como un sistema de reutilización similar ao roupeiro, que, como sabedes, funciona con éxito desde hai uns anos.

As familias que doen os libros de texto non recibirán ningunha contraprestación, salvo o agradecemento de toda a comunidade educativa. Pregámosvos que os libros veñan agrupados por cursos e en bolsas que logo empregaremos para entregar os lotes ás familias

As solicitudes dos libros de texto que se precisen para o curso 2014/15  realizarase por escrito e de forma presencial. Para facilitar a consulta de libros que se van precisar, o colexio colocará as listaxes na súa páxina web.

A atención ás solicitudes dos libros farase por estrita orde de presentación das mesmas no Centro Loiola (no aparcadoiro de autobuses),  e adxudicaráselle a estas solicitudes cadanseu número de rexistro, segundo a orde de entrada. Os impresos axúntanse a este documento.

  • Días 23, 24, 25 e 26 de xuño de 9:30 a 11:00 h. e de 16:00 a 17:00 h. para recollida de solicitudes e recepción de libros doados altruistamente.
  • Na tarde do día 26, publicaranse no blog da ANPA os números de rexistro dos lotes de libros que se poidan recoller.
  • Posteriormente, os días 27 e 30 de xuño de 9:30 a 11:00 h. e de 16:00 a 17:00 h. realizarase a entrega dos libros solicitados ás familias.
  • En setembro, abrirase de novo o prazo para ESO e Bacharelato, os días 11 e 12 de 9:00 a 10:00 h. e de 16:00 a 17:00 h.

Lamentablemente non podemos garantir a entrega de todos os libros solicitados, xa que iso depende do número de doazóns que recibamos, polo que vos ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR nesta ACTIVIDADE SOLIDARIA.

Por último,  pedimos a vosa imprescindible colaboración para a realización deste traballo, todas as mans serán poucas. Todos os que poidades dedicar algo de tempo ao banco de libros, por favor, poñédevos en contacto con anpa@colegioapostol.com comunicándonos a vosa dispoñibilidade de horarios.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e comprensión cos posibles erros que se cometan neste novo proxecto que abordamos para beneficio de todos.

 

Recibide un cordial saúdo,

 

Vanesa Villa

María Alonso

Presidenta do ANPA

Directora do Colexio

ENLACE A SOLICITUDE

https://docs.google.com/a/colegioapostol.com/file/d/0B_rnnyWtO9jgblF2VXMwZUVEVk1vNzRSZGJzWG1KXzlJZHZR/edit

 

 

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA