Instalacións

Versión para impresión

ESPAZOS PECHADOS

O colexio consta de catro edificios: O primeiro, o noso edificio histórico, nel disfrutan os nosos alumnos de Educación Infantil 5 anos, Educación Primaria e Secundaria.

Un  edificio compartido coa Comunidade de Xesuítas e nel atópanse: a Recepción, Administración e Secretaría, Dirección, Salas de Visitas, Comedor, Salón de Actos, e a Enfermería.

O terceiro é o edificio destinado ás idades de 3 e 4 anos de Educación Infantil. E un cuarto, no que desenvolven o seu traballo os alumnos pertencentes ao Bacharelato.

ESPAZOS ABERTOS

O centro posúe amplas instalacións de lecer e deporte. Entre elas conta cun campo de fútbol de dimensións regulamentarias, dous extensos patios nos que poden desenvolverse xogos e competicións de todo tipo. Un polideportivo cuberto de 2.500 metros cadrados, que alberga un campo regulamentario de Fútbol Sala e Balonmán, outro de baloncesto e outro de minibasquet e boleibol.
 
Para os máis pequenos da casa (infantil),  un parque infantil pechado onde poden disfrutar dos seus recreos e momentos de xogo ao aire libre.

OUTRAS INSTALACIÓNS

O centro tamén ten un parking para pais ao que se accede pola rúa Sta. Tecla. Un bosque con especies autóctonas e cunhas dimensións de 5000 metros cadrados Biblioteca xeral con 22.000 volumes e 6 ordenadores en rede. Tres aulas de informática, aulas multimedia con pantallas e pizarras dixitais, ordenadores en todas as aulas. Salón de actos, comedor, enfermería, 7 laboratorios, 3 Capelas, 2 ximnasios, 2 salas de psicomotricidade, 3 aulas de música.
we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA