O Noso Centro

Versión para impresión
O COLEXIO APÓSTOL SANTIAGO é un centro educativo concertado (excepto bacharelato) con máis de 135 anos de presenza na cidade de Vigo. É un centro de ensinanza católico que forma parte dunha ampla rede de Centros da Compañía de Xesús (Xesuítas).

No seu Carácter Propio e no seu Proxecto Educativo expón unha formación integral que atende ao desenvolvemento académico, humano, espiritual e físico dos seus alumnos e baseada na atención personalizada a cada alumno. Ten un firme compromiso pola excelencia académica e  a educación en valores. Especialmente importante é a atención á diversidade, para axudar aos alumnos con dificultades, contando cun equipo Psicopedagóxico e profesorado coas especialidades de Pedagoxía Terapeútica e Audición e Linguaxe, así como o imprescindible traballo en equipo de profesores e alumnos. Por todo isto,  goza de gran prestixio na cidade de Vigo.

En maio de 2007 o Colexio obtivo o Selo Europeo de Calidade, sendo a primeira organización de Galicia que se certifica no nivel de máis de 400 puntos segundo o modelo EFQM.

Os obxectivos propostos están inspirados na Pedagoxía Ignaciana que implica unha visión global da persoa e como fin último o crecemento integral da mesma.

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA