IDENTIDADE

Versión para impresiónVersión PDF

O derradeiro obxectivo e razón de ser do Colexio Apóstol Santiago, da Compañía de Xesús é o crecemento persoal e global da persoa, que leva aparellado a opción e o compromiso cos valores, consonte aos principios e visión humana e cristiá da vida. Deste xeito, para a Compañía de Xesús educar, máis aló de transmitir coñecementos, é facilitar unha experiencia persoal, creando actitudes que impulsen a accións.

Este obxectivo require unha total e profunda formación da persoa, un proceso educativo que procura a excelencia; un esforzo de superación para desenvolver as propias potencialidades das que forman parte o intelectual e o académico, o espiritual e relacional , o artístico e psicomotor, e todo aquilo que enriquece á persoa. Trata de acadar unha excelencia humana tomando como modelo o Cristo do Evanxeo, unha excelencia que reflicte o misterio e a realidade da encarnación, e que teña en conta a dignidade de todas as persoas e a santidade de toda a creación.

A educación xesuíta, se realmente obtén o seu obxectivo, debe levar a unha transformación radical, non só da forma de pensar e actuar a cotío, senón da forma de comprender e concibir a vida, procurando “homes e mulleres para e cos demais” “líderes no servizo e na imitación de Cristo Xesús, homes e mulleres competentes, conscientes e comprometidos dende a compaixón”, que buscan o “ben supremo” na realización do compromiso coa fe e a xustiza para mellorar a calidade de vida dos homes, especialmente a dos pobres de Deus e abandonados.

MISIÓN, VISIÓN E VALORES

CARACTER PROPIO DOS CENTROS DA COMPAÑÍA DE XESÚS

PEDAGOXÍA IGNACIANA: UN PLANTEXAMENTO PRÁCTICO (1993)

CARACTERÍSTICAS DA EDUCACIÓN NA COMPAÑÍA DE XESÚS (1987)

CÓDIGO DE CONDUCTA DAS OBRAS DA COMPAÑÍA DE XESÚS

Máis documentos sobre educación

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA