ESTILO EDUCATIVO

Versión para impresión

DIMENSIÓN ACADÉMICA

  • En infantil, a implantación na área de inglés dun método de ensino propio, elaborado polas nosas mestras e mestres ao igual que o método de iniciación a lectura.
  • Implantación de seccións bilingües no primeiro curso de primaria. Neste ano solicitaremos estas seccións bilingües para 2º de primaria e para dous cursos na ESO.
  • Proxecto Abalar: somos centro destinatario deste proxecto da Consellería no curso de 5º de primaria.
  • Nos últimos anos vimos facendo varias experiencias en distintas aulas de primaria con programas de enriquecemento e traballo por proxectos cuns resultados dabondo satisfactorios.
  • Tamén temos posto en marcha na etapa de primaria e estamos a inicialo en secundaria e bacharelato un proxecto de reciclaxe dentro dun programa de mellora e responsabilidade co medioambiente que pretendemos continuar ampliando nos cursos vindeiros.
  • Neste último ano un alumno noso foi premiado co 1º premio dos Premios Extraordinarios de Bacharelato, outro obtivo un Premio Excelencia Académica da ESO, sete alumnas de 4º de ESO forón seleccionadas pola fundación Barrié da Maza para as Becas High School, e outros sete de Bacharelato foron obxecto dunha homenaxe aos mellores expedientes académicos pola Universidade de Santiago de Compostela.

DIMENSIÓN DA FORMACIÓN HUMANA

  • Formación en valores de xeito continuado dende todas as materias e ámbitos do nosos centro. Na ESO e Bacharelato os alumnos teñén unha hora específica de titoría a semana no que se traballa esta dimensión. Dende os primeiros cursos da ESO os titores dispoñen dunha hora semanal destinada a atención individual dos seus alumnos.
  • Ten de seu o noso centro a colaboración dos alumnos maiores cos máis pequenos. Neste sentido contamos cunha gran variedade de actividades, campañas e momentos nos que maiores e máis pequenos son protagonistas: As Estrelas do Nadal. As Postais pola Paz,  Os Xogos Solidarios, Contacontos, As Festas Colexiais, o acompañamento aos mais pequenos nos primeiros días de adaptación, as “clases” impartidas por alumnos de primaria aos alumnos de infantil…..
  • Programa de voluntariado que acolle diversas actividades e grupos:
    Rede Solidaria da Mocidade: destinada a alumnos da ESO e Bcharelato. Os destinatarios das súas actividades son as veces os máis pequenos do Colexio. Para eles preparan xogos solidarios, contacontos e diversas actividades ao longo do ano. Participan neste curso 88 alumnos.
    Voluntariado interno: os maiores que van académicamente se desenvolven mellor  axudan aos que presentan dificultades nalgunhas materias Neste proxecto participan arredor de 40 alumnos.
    Voluntariado externo, en colaboración con Cáritas. É un proxecto destinado a dar a coñecer aos nosos alumnos realidades moi diferentes ás que habitualmente están afeitos. Neste momento participamos en proxectos de apoio escolar, apoio a inmigrantes,...Participan neste proxecto 22 alumnos de bacharelato e 16 familias do noso Centro Educativo.
  • Campañas:
    Domund.
    Campaña do Nadal: Recollida de alimentos en colaboración con diversas entidades da nosa cidade: Banco de Alimentos, Programa Sereos, Irmáns dos enfermos pobres, Asilo, Comedor da Esperanza.
    Semana da Paz e a Solidariedade, durante a derradeira semana de xaneiro.
    Campañas de sensibilización en colaboración con Aspanaex e distintas entidades.
  • Actividades de formación e apoio as familias:
Escola de Pais (novos e veteranos)
Encontros ao longo do curso con temática variada en función das necesidades.
Participación directa das familias en distintas campañas e actividades.

 

DIMENSIÓN DA FORMACIÓN ESPIRITUAL

  • Oración da mañá: en todo o colexio dedícanse os primeiros 10 ou 15 minutos da primeira hora da mañá a unha pequena oración que a partires do 2 ciclo de primaria,  en moitos casos,  preparan os mesmos alumnos coa axuda das familias ou mestres.
  • Eucaristías cunha frecuencia quincenal ou mensual,  ademáis das celebradas a comenzo e final de curso; oracións á Virxe durante o recreo e en distintos momentos do día no mes de Maio, así coma a ofrenda no  comenzo das Festas Colexiais,...
  • Preparación aos sacramentos da Primeira Comunión e Confirmación. A celebración destes sacramentos é na Igrexa do Colexio en estreita colaboración coa parroquia de San Francisco Javier e o Centro Xuvenil Loiola.
  • Convivencias de formación humana e espiritual dende 5º de primaria.
  • Participación en Encontros Intercolexiais con outros colexios de Xesuitas.
  • Celebración da Pascua Xuvenil co conxunto de mozos e mozas doutros colexios da Compañía de Xesús.
  • Posibilidade de participar en Camiños de Santiago, Campos de Traballo e diferentes experiencias durante o verán.
  • Neste ano participaremos nas Xornadas Mundiais da Xuventude.
  • Celebración do día da familia no arredor das festas do Nadal e no final do curso. O curso pasado peregrinamos xunto cos outros dous colexios de Xesuítas galegos a Santiago para percorrer un anaco do Camiño e ter unha eucarirtía xuntos na Catedral.

DIMENSIÓN PARAESCOLAR

  • Inglés: Opción de obter os títulos: YLE, KET ,PET e FIRST.
  • Deportes federados e deporte escolar:
Deporte federado: Fútbol sala, Baloncesto,Fútbol, Patinaxe, Ximnasia Rítmica, Atletismo, Karate. Cun total de 27 equipos federados nas distintas modalidades.
Escolas Deportivas: Escolas de Balonmán, Escolas de Badminton, Escolas de Atletismo, Escolas de Fútbol, Escolas de Baloncesto, Multideporte Infantil, Patinaxe, Ximnasia Rítmica, Aeróbic, Prefútbol.
  • Actividades culturais e formativas: Música EP, Música e Movemento para Infantil, coro Infantil, Guitarra Clásica e Eléctrica, Baile Galego, Baile Moderno, Debuxo e Pintura, Escritura Creativa, Teatro, Manualidades, Informática, Xadrez, Aula de Estudo.
  • Cursos específicos: Surf, Fotografía Dixital, Tratamento da imaxe dixital,…

 

 

 

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA