CENTRO PLURILINGÜE

Versión para impresiónVersión PDF

O noso Proxecto Educativo ten como obxectivo básico unha formación integral que atenda ao desenvolvemento académico, humano, espiritual e físico do noso alumnado e baseada nunha atención personalizada. Dentro desa formación integral queremos dar resposta á necesidade de posuír, na sociedade actual, un bo dominio de como mínimo dous idiomas da Comunidade Europea e un manexo fluído dos mesmos.

A Compañía de Xesús (xesuítas) ten unha experiencia educativa de case cinco séculos  e unha rede mundial de 4.000 centros educativos. Seguindo esta vocación internacional estamos a implantar un proxecto serio de plurilingüismo en todo o Colexio, dende Educación Infantil ata Bacharelato, co obxectivo de dar a oportunidade a todos os nosos alumnos de  dominar a lingua inglesa,  ao mesmo tempo cá lingua castelá e a propia lingua galega.

O noso proxecto de plurilingüismo, é un proxecto global que involucra a toda a comunidade educativa baseado no Marco Común Europeo de Referencia na aprendizaxe das linguas, comprende  a oferta de:

  • Francés na  ESO e bacharelato
  • Alemán na ESO  e bacharelato
  • e tamén a cooperación co Colexio Portugués de xesuitas “ Nuno Alvres”  de Santo Tirso (Portugal) en distintas actividades. 

 

Coordinación do Programa de Plurilingüismo e Proxectos Internacionais: D. Raúl Prada Baceiredo

 

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA