CAMPAMENTOS

Versión para impresiónVersión PDF

CAMPAMENTO URBANO

 


Conscientes da necesidade de aportar alternativas de ocio aos nen@s durante as épocas de  vacacións, a FUNDACIÓN LOIOLA GALICIA e o COLEXIO APÓSTOL SANTIAGO organizan un CAMPAMENTO URBANO aberto a tod@s @s nen@s de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos (1º a 6º E. Primaria).

 

         Tendo en conta que moitas familias están traballando nestas datas, haberá unha ampla posibilidade de horarios e actividades (entre as 9.00h da mañá e as 20.30h) con xantar e merenda no propio centro. Así achegámonos o máis posible a un campamento convencional.

 

         Con esta oferta tentamos conseguir que os nosos nen@s poidan disfrutar dunha variada gama de actividades lúdicas, convivindo e relacionándose con outr@s compañeir@s. A nos, como educadores, permítenos traballar todo aquelo relacionado coa educación non formal: autonomía, relación cos outros, respecto ás normas,  hábitos, valores...

 

CARACTERÍSTICAS:

 

Datas:                   9 días. Do sábado 24 de xuño ao domingo 2 de xullo

 

Horario:                 09:00-9:30 h.      horario de chegada.

                             9:30-20:30 h.      asistencia obrigatoria.

 

Servicio Madrugadores:   As familias que o precisen poderán solicitar servicio de gardería  de 8:00-9:00 da mañá.

 

Participantes:        Alumnos de Educación Primaria. Poderán participar familiares e amigos doutros colexios.

 

Monitores:             Equipo de profesores e monitores do colexio.

 

Número de prazas:         O campamento terá lugar no caso de ter un número mínimo de 40 rapaces. O número máximo de prazas é de 100, concedidas por orde de inscrición.

 

Actividades:          Obradoiros de reciclaxe, , obradoiros e actividades en inglés manualidades, música... Marchas, rastrexos, xogos cooperativos, deportes alternativos, xincanas, concursos de probas... Haberá tres días de excursión e tres  noites de durmida no centro.

 

Instalacións:         Colexio Apóstol Santiago.

 

Comida:      A tódolos participantes daráselle seis días a comida, o aperitivo a media mañá e a merenda,  e tres días a cea e o almorzo. Os días de excursión cada un levará a súa comida e merenda.

 

Material:      Os materiais de actividades serán por conta da organización.

Os días de marcha levarán unha mochila coa comida e merenda, cantimplora ou botella de auga, calzado axeitado, calcetíns,  gorro para o sol e crema protectora.

Para as tres noites de durmida precisarase saco de durmir. Todos os días deberán traer unha mochila cos útiles de aseo persoal (toalla, xabón, chanclas, cepillo e pasta de dentes, peite) e muda de reposto para poder ducharse e cambiarse despois das actividades.

 

Importante: Os interesados entregarán a folla de inscrición (solicitar aos titores ou en portería) xunto co recibo do pagamento ó coordinador de paraescolares ou en portería  antes do día 16 de xuño. No caso de ter dúbidas se hai prazas, preguntar antes de facer o pago.

Para máis información poden poñerse en contacto no 986-371011 preguntando polo coordinador de paraescolares ou no correo alberto.rodriguez@colegioapostol.com

 

Prezo:         O prezo da actividade será de 225€ (25€/día), que será ingresado no banco.

 

Banco de Santander

Nº de conta ES81 0049-5030-18-2216678143

Indicando : Urbano Ed. Primaria  Xesuítas Vigo

Nome e apelidos do neno

 

Máis información importante sobre o Campamento Urbano ’17: Este ano incluiremos algunas novidades:

  • Disminución da ratio de nen@s por monitor  buscando así un aumento da atención e a calidade do campamento.
  • Inclusión de obradoiros e actividades en Inglés.
  • Desconto do 20% para @ segund@ irmán/irmá 50% para @ terceir@ irmán/irmá.
  • Desexamos que esta subida do custo non supoña un obstáculo para as familias á hora de escoller o Campamento Urbano 2017 como opción de tempo libre para @s nen@s, polo que non dubidedes en poñeros en contacto con nós se houbese algún impedimento económico.

 

Reunión:     Teremos unha reunión explicativa o luns 12 de xuño ás 19:00 no Centro Gárate

 


we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA