NOVIDADES CURSO 2015-16

Versión para impresiónVersión PDF

Este ano poderán comprobar certas variacións e novidades que responden ás súas suxerencias e opinións reflectidas nas enquisas feitas ó longo do curso e nos correos enviados ó coordinador das actividades:

  • O Obradoiro de Manualidades mantén como hora de remate as 18:30h para así funcionar como divertido e formativo servizo de gardería.
  • Comenzamos KidsBrain de INF4 a 6º EP. Inmtegrando o xogo na actividade, KidsBrain desenrola as capacidades mentais dos alumnos mediante as matemáticas e o inglés usando o ábaco. INGLES+MATES=FUTURO.
  • Tamén Robótica de 2º EP a BACH onde construirán e programarán robots con servomotores e diferentes tipos de sensores, afianzarán conceptos de ciencia e tecnoloxía e aprenderán a traballar en equipo e en base á resolución de retos. Utilizaranse Lego EV3 e outras metodoloxías.
  • Mantense o Obradoiro de prensa Dixital coa idea de crear un dinámico xornal escolar colgado en formato dixital na pax web do colexio e de que os nenos e nenas desempeñen o papel de verdadeiros xornalistas, traballando así a linguaxe oral e o manexo das novas tecnoloxías.
  • Os alumnos de 4º-5º e 6º de EP e de ESO-BACH, en grupos reducidos, poderán utilizar a nosa nova a completa aula de rock e aprender a tocar xuntos para formar un grupo en COMBO DE ROCK.
  • Toda a información de IDIOMAS incluese en dous  apartados específicos: un para idiomas en xeral e outro para Ed. Infantil e os tres primeiros cursos de Ed.  Primaria.

Queremos informarlles que seguimos procedendo a un control exhaustivo das ausencias das actividades. Lembrámoslles que cando estas se produzan dexeito inxustificado serán informados puntualmente e ademais se tomarán as medidas disciplinarias axeitadas en cada caso.

Con esta programación pretendemos apoiar a formación integral dos nosos nenos e nenas, fomentar afeccións útiles para o positivo emprego do tempo de lecer, así como fomentar as relacións e os valores humanos.    

A  súa cooperación para a confección de esta programación é para nos moi importante, por iso lles invitamos como cada ano a que participen cubrindo as enquisas outamén facendo chegar as súas opinións ao coordinador ao seu correo: jose.martinez@colegioapostol.com      

Este ano pretendemos que a INSCRICIÓN se faga a través da plataforma Diodro. Estes son os pasos a seguir:

  1. Abrir a conta persoal de Diodro.
  2. Na páxina principal, nas pestanas de arriba, pinchar en SERVICIOS.
  3. Dentro de Servicios, pinchar en EXTRAESCOLARES.
  4. Sairán entón todas as actividades nas que se pode apuntar @ nen@ segundo a súa idade.
  5. Pinchar no nome da actividade que nos interesa. Nas actividades de dous días ou mais, hai que pinchar todos os días para os que se ofrece a actividade.Sairá entón o nº de prazas dispoñibles. O criterio de selección será a orde de inscrición. Podemos manternos en lista de espera ata o momento no que apareza unha baixa.
  6. Pinchar entón en SOLICITAR ALTA.
  7. Unha vez que o coordinador confirme a praza, en Diodro sairanos INSCRITO, e se por algún motivo a praza é rexeitada, sairanos NO INSCRITO.

Tamén o podedes facer por correo electrónico. Para actividades paraescolares ou deportivas na dirección jose.martinez@colegioapostol.com, indicando no asunto “inscrición” e pondo nome e apelidos do alumno, curso, sección, actividade desexada e horario da mesma. Para inglés o correo é raul.prada@colegioapostol.com  sinalando igualmente “inscrición”.

A DATA LÍMITE PARA APUNTARSE PARA COMEZAR EN OUTUBRO SERÁ O 21 DE SETEMBRO.

É moi importante que cumprades este requisito, xa que as inscricións entregadas fora de prazo non poderán empezar as actividades ata o mes seguinte. O feito de incorporar altas fóra do prazo sería moi prexudicial para a organización das mesmas e por elo solicitamos a súa máxima cooperación.

Os pais e nais que desexen realizar algunha actividade deberán enviar un correo.

Hai actividades de Portas abertas durante o mes de outubro para que os nenos proben se lles gusta. Esto supón que é necesario inscribirse, dentro do prazo indicado, para ser incluído nas listas. Se se quere, poderase solicitar a baixa ese mesmo mes de outubro, sempre dentro do prazo, sabendo que ese mes non será cobrado.

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA