AULA DE MADRUGADORES

Versión para impresiónVersión PDF

TEXTO PENDIENTE DE REVISIÓN CURSO 2016-2017

Este servizo ofrécese aos alumnos de Educación Infantil, primeiro e segundo ciclo de Educación Primaria.

A aula de madrugadores funcionará dende o 10 de setembro ata o 19 de xuño. O horario é de 7:45 h  a 9:15 h. Os rapaces serán atendidos por unha persoa cualificada e terán posibilidade de ler, xogar, ver vídeos, etc. , pero queremos lembrar que se trata dun servizo de custodia, non dunha actividade extraescolar.

Os rapaces serán recollidos na portería do Colexio entre as 7:45 e as 8:00. Desde alí dirixiranse á aula situada a carón do comedor, na entrada do patio. Os rapaces que cheguen a partir das 8:00 h. deben ser levados polos seus pais ou acompañantes a esa aula. O/A monitor/a encargado/a da gardería ocuparase de levar os rapaces ás súas aulas ás 9:15 h. (9:00 h. en xuño e setembro).

Os alumnos que vaian utilizar este servizo no mes de setembro deberán anotarse antes do 30 de agosto e os que o utilicen en outubro antes do 20 de setembro. En calquera caso, se desexan anotarse a este servicio ao longo do curso, deben inscribirse antes do día 23 do mes anterior ao que comeza a utilizalo.

Os que desexen incorporarse á AULA DE MADRUGADORES DESDE SETEMBRO poderán inscribirse:

  • Enviando a ficha de inscripción por correo electrónico a aula.madrugadores@colegioapostol.com. Farán constar se desexan ou no servizo de almorzo.
  • Por FAX ao número 986.378.029, descargando previamente a ficha de inscrición na páxina web.
  • Persoalmente na secretaría (pechada no mes de agosto do 1 ao 24) ou na recepción do colexio en horario de mañá.
we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA