Normas do servizo

Versión para impresiónVersión PDF

O servizo de autobús é unha prolongación do horario escolar e, polo tanto, os cuidadores e os alumnos deben esforzarse por vivir as mesmas normas de convivencia e educación que se ensinan no colexio.

O servizo de autobús conta cun cuidador ou monitor acompañante por liña, que se encarga da orde e a seguridade dos alumnos dentro do autobús, así como nas subidas e baixadas do mesmo. De todos os xeitos, todos debemos colaborar ao bo funcionamento deste servizo. O traballo dos monitores é a vixilancia dos nenos desde que soben ao autobús nas súas respectivas paradas ata o colexio e viceversa. Entre as súas obrigas non se contempla o transporte de bolsas, medicamentos, diñeiro, etc. Deben estar na primeira parada da liña e baixarse na última. Asimesmo esperarán no autobús, xunto co condutor, aos alumnos na viaxe de volta a casa. Se teñen algunha dificultade deberán comunicalo ao responsable do transporte (Irmán Bailón)

  • Os horarios do transporte e en consecuencia da recolleita e entrega dos alumnos usuarios poden sufrir pequenas modificacións debido a distintos factores, entre eles as incidencias do tráfico. Recomendamos ás familias, especialmente ás dos máis pequenos, que cheguen á parada correspondente cunha antelación mínima de 5 minutos.

  • Cando os alumnos soben ao autobús convén que o fagan de modo ordenado, sen empuxarse, dando preferencia aos máis pequenos e aos máis necesitados ou seguir a orde establecida polo monitor, saudando con educación. Sempre viaxarán sentados ocupando un asento, debendo gardar a compostura evitando comportamentos que poidan perturbar a seguridade. O condutor procurará non iniciar a marcha ata que estean sentados. Pola nosa banda (monitores, profesores e pais) debemos recordarlles e esixirlles o cumprimento destes principios básicos.

  • Cando un alumno non cumpra as normas mínimas de convivencia o cuidador corrixiralle. Se a actitude negativa é repetitiva ou ben provoque desperfectos materiais, informará ao responsable do transporte (Irmán Bailón).Aqueles alumnos que incumpran as normas poderán ser sancionados coa perda do dereito a viaxar no autobús.

  • Todos os usuarios do transporte deberán levar consigo a tarxeta identificativa. Os alumnos de Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria farano en lugar visible.

  • Os alumnos absteranse para comer e beber no autobús.

  • Calquera cambio ou modificación na rutina do neno (de parada, de liña,...) debe ser notificada por escrito pola familia ao titor correspondente antes do recreo da mañá (11´15 h.) e ao cuidador-responsable do autobús no momento de facer uso do servizo.

  • Se un alumno non é usuario do servizo de autobús, non poderá facer uso do mesmo.

  • Todos os alumnos, nas paradas de regreso, deberán ser recollidos por un adulto que se identifique como familiar ou autorizado polos titores legais. No suposto de non haber ninguén na parada para recoller ao neno este seguirá ao coidado do monitor seguindo os seguintes pasos:

A familia:

  1. Pode intentar chegar a outra parada da ruta antes de que o faga o autobús
  2. Chamará ao colexio para comunicar o sucedido
  3. Deberá recoller ó neno no colexio nocaso de que o autobús volva ó mesmo ou abonar o taxi utilizado polo cuidador e o seu filloo para voltar ó colexio.

No caso de non poder cumprir o anteriormente mencionado e ser posible por parte do alumno a utilización do servizo de transporte dos maiores, regresaría á súa casa neste servizo.

  • A reincidencia na falta de puntualidade na recolleita dos alumnos por parte da familia pode dar lugar á suspensión do servizo de transporte.
  • Para garantir o mellor posible a seguridade dos vosos fillos é de OBRIGADO CUMPRIMENTO que, nas horas de entradas e saídas dos alumnos, aparquedes no parking habilitado para vós na rúa Santa Tecla, respectando a zona destinada a autobuses e procuredes non entrar en coche dentro do recinto para deixar ou recoller aos alumnos aínda que chova.
we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA