TRANSPORTE ESCOLAR

Versión para impresiónVersión PDF

O colexio ofrece a aquelas familias que o desexen un servizo de transporte escolar con varios recorridos predeseñados que pretenden satisfacer as necesidades dacordo coa situación da vivenda dos alumnos/as no momento de inscribirse no servizo de transporte ao formalizar a matrícula para o seguinte curso.

O servizo consta de varias liñas, cada unha co seu propio percorrido, que se realiza en 4 turnos diarios, dous pola mañan e dous pola tarde. Estes percorridos poden sofrir variacións ao longo do curso para axustarse as peticións das familias ou aos incidentes de tráfico.

Tamen o  número de liñas e o percorrido de cada unha, poderá variar o inicio de curso, dependendo do número de alumnos que soliciten o servizo. Calquera variación dos mesmos, comunicarase ás familias.

Os alumnos que vaian utilizar este servizo no mes de setembro deberán anotarse antes do 31 de agosto, e os que o utilicen en outubro antes do 20 de setembro. As familias que desexen facer uso do servizo de transporte para o curso 2017-2018 deberán cubrir a FICHA DE INSCRICIÓN e unha vez cuberta 

  • Enviar a ficha de inscrición firmada e escaneada ao enderezo: transporte@colegioapostol.com
  • Ou enviar a ficha de inscrición por FAX ao número 986 - 378029
  • Ou entregar persoalmente na secretaría do centro ou na recepción do colexio en horario de mañá. A secretaría permanecerá pechada dende o 1 de agosto ata o día 17. A recepción funcionará todo o mes de agosto.

Para calquera suxestión que desexe facer pode contactar connosco no seguinte enderezo: transporte@colegioapostol.com

 

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA