Román Pérez Santalla 2º Premio de Narrativa nos Premios Literarios Minerva

Versión para impresiónVersión PDF

Román Pérez Santalla, alumno de 4º de ESO de nuestro centro, galardonado co 2º Premio de Narrativa polo relato Moscova 2093 na 41 edición dos Premios Literarios Minerva.

Na tarde do xoves 18, reuniuse o xurado dos Premios Literarios Minerva 2013 composto por creadores, docentes e críticos literarios. De entre todos os traballos presentados (111 en narrativa e 59 en poesía) foron escolmados para discusión na fase final 34 traballos narrativos e 25 poéticos. Tanto na modalidade de narración coma na de poesía outorgáronse tres premios e dous accésits, correspondendo ao noso alumno Román o 2º premio de narrativa.

Román, ademais da correspondente dotación económica, será galardoado cun diploma acreditativo e mais unha medalla de prata do certame durante a entrega de premios que terá lugar o vindeiro xoves día 2 de maio, ás 17:10h., no Salón de Actos do Colexio Peleteiro, nunha sesión solemne na que pronunciará unha conferencia maxistral o dramaturgo, director e actor Manuel Lourenzo e na que os premiados lerán un fragmento das súas creacións, adianto do que será publicado en breve no tradicional volume coeditado polo centro e mais a Editorial Galaxia.

Este prestixioso premio ten a súa orixe no ano 1963, cando o Colexio M. Peleteiro, Minerva daquela época, instaurou os Xogos Florais co seu nome. O certame literario procuraba a defensa da lingua e a cultura galega, nun momento histórico no que non era doado facelo. Así prantouse o xermolo destes Premios Literarios de recoñecido prestixio. Renome outorgado, sen dúbida, tanto por todos os ilustres mantedores que tiveron a ben apadriñalo, como polos mesmos premiados que pasaron polo certame, moitos dos cales, con posterioridade, cegaron a facer da literatura a súa profesión como Xosé Ramón Fandiño, Fernando Ónega, Darío Xohán Cabana, Xosé Antonio Neira Cruz, Olga Novo e un longo etcétera.

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA