Unha Viaxe a Idade Media

Versión para impresiónVersión PDF

O pasado venres, no salón de actos do colexio, os alumnos de 3º ESO A e 3º ESO B invitaron aos seus compañeiros a realizar unha peculiar Viaxe á Idade Media. Alí atopáronse con xuglares e trobadores, damas da máis alta nobreza e fermosas doncelas que se lamentaban pola ausencia dos seus namorados. Puideron tamén presenciar o desterro de D. Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador, e observar o gran obradoiro que o sabio rei Afonso X tiña instalado na súa corte de Toledo.

 
 

A música, interpretada polos propios alumnos, foi a verdadeira protagonista da representación. Esta actividade foi organizada dende a clase de Música coa colaboración das materias de Lingua Castelá e Lingua Galega. A experiencia responde á necesidade de realizar actividades con carácter interdisciplinar que favorezan o proceso de aprendizaxe do noso alumnado. 

Nesta primera avaliación os alumnos de 3º de Secundaria estudaron a época medieval nas materias de Música, Lingua e Literatura Castelá e Lingua e Literatura Galega, tratábase de relacionar nunha actividade única o aprendido nas tres materias e ter unha visión máis globalizada da cultura do medievo ao relacionar a súa música coas manifestacións literarias nas novas linguas romances. 

Realizando actividades interdisciplinares queremos conseguir evitar a dispersión do alumnado que tende a concibir as distintas materias que conforman o currículo como compartimentos estancos que nunca se relacionan entre si. 

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA