.

Newsletter

MARZO 2017

 

Sentido último da educación nun colexio SJ

En 1973, o P. Arrupe escribiu: «Hoxe en día, a nosa meta e obxectivo educativo ten que ser a formación de homes e mulleres para os demais»

 

O I Encontro da PAL galega reúne no colexio ás obras da Compañía en Galicia

O colexio acolleu o pasado sábado 11 de febreiro o I Encontro da PAL (Plataforma Apostólica Local) de Galicia, no que participaron unhas 250 persoas.

 

O Día do Bocata recada 4.263 euros para Mans Unidas

O tradicional Día do Bocata, enmarcado dentro da Semana da Paz e da Solidariedade, celebrouse o pasado 31 de xaneiro baixo a organización do alumnado de 1º Bacharelato.

Celebramos a Paz e reivindicamos os Dereitos da Muller

Dúas das actividades destacadas deste último trimestre foron os actos da Semana da Paz, tanto no colexio como en colaboración con outros centros de Vigo, así como a xornada de 8 de marzo reivindicando os dereitos da muller.

 

O Colexio, a ANPA e Edicións Xerais organizan o XXXI Concurso Literario

Un ano máis, e van 31, organizamos coa Asociación de Nais e Pais e a editorial Xerais este concurso literario. Unha aposta polo fomento da literatura entre o noso alumnado e as súas familias.

Segundo de Bacharelato, listo para a aventura universitaria

Ainda que falta a recta final do curso, os exames, o acto de graduación e as probas de acceso a universidade, alumnas e alumnos do colexio completaron nas últimas semanas diversas actividades de preparación para esta nova etapa.

 

Primeiro e Segundo da ESO, de intercambio en Canterbury

Medio centenar de alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO gozaron dunha experiencia de inmersión lingüística en Inglaterra, entre o 26 de febreiro e o 4 de marzo.

Vidreiras feitas polos nosos estudantes decoran o pabellón de Bach

A imaxe no vestíbulo da entrada dos pabillóns de 4º da ESO e Bacharelato sorprende a todos pola decoración das súas xanelas principais. É un traballo cooperativo dentro da materia de plástica.

 

Primaria traballou seis proxectos de comprensión para os seis cursos

Como experiencia piloto, durante as tardes do 16 ao 20 de xaneiro, levamos a cabo a primeira semana de proxectos de comprensión en Educación Primaria. Traballamos un por cada curso.

A ópera a Frauta Máxica engaiola a 900 alumnos de Infantil e Primaria

O colexio tivo o privilexio de recibir a visita da compañía Ferro Teatro para representar a ópera A frauta máxica. O 15 de febreiro, despois de meses de traballo na organización, 900 alumnos de Infantil e Primaria gozaron deste evento.

 

O Colexio aposta por novas ferramentas comunicativas

Ademais deste segundo número da newsletter, que chamaremos ONLine (O Noso Lar online), en febreiro publicamos a revista O Noso Lar en papel, cun novo deseño e con novos contidos

 
 

AXENDA ABRIL/MAIO 2017

 
  • 8-17 abril:  Vacacións Semana Santa
  • 26-29 abril: Encontro Intercolexial 4º ESO
  • 5 de maio: Ofrenda á Virxe
  • 9-17 maio: Semana das Letras Galegas
  • 11-12 maio:  Festas colexiais
  • 19 maio: Graduación 2º Bacharelato

 
 
 
 

COLEXIO APÓSTOL SANTIAGO