Identidade

O derradeiro obxectivo e razón de ser do Colexio Apóstol Santiago da Compañía de Xesús é o crecemento persoal e global da persoa, que leva aparellado a opción e o compromiso cos valores, consonte aos principios e visión humana e cristiá da vida. 

Centro plurilingüe

O noso Proxecto Educativo ten como obxectivo básico a formación integral, e dentro dela queremos dar resposta á necesidade de posuír, na sociedade actual, un bo dominio de como mínimo dous idiomas da Comunidade Europea e un manexo fluído dos mesmos.

Actividades Paraescolares

Actividades Paraescolares co fin de apoiar a formación integral, fomentar afeccións útiles para o positivo emprego do tempo de lecer e fomentar as relacións e os valores humanos.
Flexibilidade de horarios, niveis de ensino e tipo de actividade.

A ANPA do colexio pon en marcha a campaña de recadación de fondos para o proxecto de Entreculturas no campo de refuxiados de Líbano con nenos e nenas sirias. Xa estamos a vender rifas para conseguir os fondos necesarios, con multitude de premios doados siolidariamente e que sortearemos nas festas colexiais. ¿Queres colaborar?

O próximo 26 de abril terá lugar en toda España unha nova festa da Educación Musical. Esta festa leva por lema Musiqueando 2018 - #nosimportalamusica e vai consistir nunha xornada de concertos escolares na rúa. É unha iniciativa estatal e xa hai máis de 30.000 escolares inscritos. A clase de música de 4º da ESO do noso colexio participará por primeira vez.

Debido ás obras que se están levando a cabo na rúa Montero Ríos, a LIÑA 3 do transporte escolar do colexio debe modificar o seu percorido provisionalmente.
O percorrido provisional pode ser consultado neste documento.

O salón de actos do Colexio acolle este xoves, 5 de abril, unha interesante charla sobre as novas tecnoloxías e a súa utilización por menores de idade. Unha formación organizada en colaboración coa ANPA e coa participación dun experto da Garda Civil da Unidade de Delitos Tecnolóxicos.

Será a partir das 18:00 horas.

Los próximos 13 y 14 de abril tendrán lugar en el Colegio Apóstol Santiago, Jesuitas,  de Vigo, las III Jornadas de Atención a la Diversidad .

Las ediciones anteriores han tenido muy buena acogida logrando completar aforo (cerca de 400 personas entre profesionales y familias) y en esta edición vamos por el mismo camino pues en los primeros días de abrirse la inscripción ya se ha cubierto 2/3 del aforo. 

   Unha visita a diferentes facultades da Universidade de Vigo, e varias charlas con profesionais de diversas disciplinas en aulas do noso centro, conformaron as actividades principais das II Xornadas de Orientación Universitaria organizadas polo colexio en colaboración coa Anpa.   Como acción principal, o "coach" Pablo García Fortes ofreceu unha charla motivadora no salón de actos a todo o alumnado de 2º de Bacharelato.
Pablo García Fortes, antes de iniciar a súa charla no salón de actos

A Asociación Xaruma convídanos a participar no obradoiro do venres 2 de marzo, no cal realizarán unha manualidade onde os principais protagonistas serán os materiais de refugallo. Para poder asistir a dito obradoiro é preciso inscribirse previamente, marcando o nome de neno ou da nena e a súa idade correspondente. A data límite para a inscrición é o 1 de marzo.

O tradicional Concurso de Ciencias Sociais - Maratón de Preguntas chega este ano a súa 27ª edición. Como noutros cursos, a participación está aberta ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO e Bacharelato.

Cartel anunciador do concurso

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA