REVISTA O NOSO LAR

 

 

O XOGRAR CRISPIN D`OLOT REPRESENTA "VERSOS E BARDOS" NO COLEXIO

Dende o Departamento de Linguas, programamos un ano máis unha actividade complementaria ás clases que se desenvolven na aula dirixida a todos os alumnos de Secundaria.

Trátase do espectáculo: “Versos y bardos”, unha viaxe a través da literatura en lingua castelá interpretada polo veterano xograr Crispín d´Olot. Crispín presentounos unha coidada selección de textos, uns cultos, outros populares e cómicos, de forma novedosa, moi amena e ademais didáctica.

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

DÍA DO BOCATA

A VENDA OS TICKETS PARA O DÍA DO BOCATA DO VINDEIRO 31 DE XANEIRO

O Colexio celebra, dentro da Semana da Paz e a Solidariedade, o Día do Bocata o vindeiro martes 31 de xaneiro, entre as 12:30 e as 15:00 horas. Animamos a todo o alumnado e ás súas familias a participar nesta actividade solidaria na que se recadan fondos para Mans Unidas, Campaña contra a Fame.

Os tickets estarán a venda toda esta semana, entre o luns 23 e o venres 27 de xaneiro, nos seguintes puntos
-    Para o alumnado e profesorado: nas súas respectivas clases
-    Para as familias: na portería do colexio

FALECE O PAI EVARISTO RIVERA SJ, REITOR DO COLEXIO ENTRE 1974 E 1981

O pai Evaristo Rivera sJ faleceu esta fin de semana en Salamanca á idade de 88 anos. Este xesuíta, nacido en Ourense, foi reitor do Colexio Apóstol Santiago durante sete anos e un dos maiores estudiosos do mesmo. De feito, o seu libro “Colexio Apóstol Santiago. Historia dunha peregrinación”, é o gran referente para coñecer a historia do noso colexio. Noutros libros achéganos tamén, con gran profundidade, á realidade da Compañía de Xesús en Galicia.

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA