Identidade

O derradeiro obxectivo e razón de ser do Colexio Apóstol Santiago da Compañía de Xesús é o crecemento persoal e global da persoa, que leva aparellado a opción e o compromiso cos valores, consonte aos principios e visión humana e cristiá da vida. 

Centro plurilingüe

O noso Proxecto Educativo ten como obxectivo básico a formación integral, e dentro dela queremos dar resposta á necesidade de posuír, na sociedade actual, un bo dominio de como mínimo dous idiomas da Comunidade Europea e un manexo fluído dos mesmos.

Actividades Paraescolares

Actividades Paraescolares co fin de apoiar a formación integral, fomentar afeccións útiles para o positivo emprego do tempo de lecer e fomentar as relacións e os valores humanos.
Flexibilidade de horarios, niveis de ensino e tipo de actividade.

AXUDAS A ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS O ALUMNADO

Publícanse na Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017) ,

Enlace ás axudas ->

RESULTADO FINAL DO MARATÓN DE PREGUNTAS DE CIENCIAS SOCIAIS

Facemos público o resultado final do concurso de Ciencias Sociais, XXXVI edición Maratón de Preguntas, así como todas as solucións ás preguntas. O vindeiro xoves día 27 de abril, terá lugar no salón de actos a entrega de premios.

Relación de participantes y puntuación ->

LIBRO COS TRABALLOS GAÑADORES DO XXX CONCUROS LITERARIO

Xa temos aquí o libro  cós traballos gañadores do XXX Concurso Literario celebrado no ano 2016. Dende a ANPA queremos agradecer o traballo de todo o alumnado, familias e profesorado que o fan posible ano tra ano. 

ESTREAMOS CONCURSO DE VIDEOTUTORIAIS MATEMÁTICOS

O colexio pon en marcha, por primeira vez, o Concurso de Videotutoriais Matemáticos para alumnos de ESO e Bacharelato, dividido en dúas categorías: 1º, 2º e 3º da ESO, por una banda, e 4º, 1º e 2º de Bach por outra. 

O reto é presentar, de forma individual ou en grupo, un video de 2 minutos sobre un rema relacionado coas matemáticas, tanto a nivel teórico como a nivel práctico.

CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA CON XARUMA NO COLEXIO APÓSTOL SANTIAGO

Dende Xaruma gustaríanos informárvos que os vindeiros días 10,11 e 12 de abril de 09:00 a 14:30, realizaremos un campamento para nenos/as de 3 a 12 anos...

Realizaránse manualidades, obradoiros e dinámicas variadas, contacontos e animación lectora, intelixencia emocional e... moitos xogos e diversión!!!

A aportación será de 42 € os tres días. Se se prefire vir días soltos a aportación será de 15€.

Se veñen irmáns farase un desconto do 10% no prezo final.

Tamén temos horario madruga para quen o precise de 08:00 a 09:00 da mañá. Deberáse avisar con antelación e a aportación será de 3€  máis o día.

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA