ACTOS DO CENTENARIO DA CHEGADA DO COLEXIO A VIGO

ACTOS DO CENTENARIO DA CHEGADA DO COLEXIO A VIGO

Invitación e máis información aquí

QUEREMOS AGRADECER ÁS FAMILIAS OS 9.000 € RECADADOS PARA PROXECTOS SOLIDARIOS

Finalizamos o segundo tempo do curso, o da Solidariedade e o do valor Compromiso. E facémolo co agradecemento polo recadado en diversas accións que levamos a cabo durante os últimos meses.  O pasado 23 de outubro, a nosa mobilización a favor do Domund conseguiu 5.708,97 euros, grazas ao apoio dos alumnos e das súas familias.

A iso únense outras dúas accións solidarias realizadas no terceiro trimestre do curso pasado, das cales podemos comunicar e agradecer os 2400 euros da II Carreira Solidaria entregados a partes iguais a distintas ONGDs da cidade e os 2.404,67 das festas colexiais. 
Esta última cantidade foi entregada este mes, xunto con 600 euros da Carreira Solidaria, aos proxectos que con refuxiados está a levar a cabo a ONG Entreculturas.

En paralelo, realizamos outras actividades de sensibilización e mobilización: a visita do Pai Rolando -un misioneiro en África-, a visita de Arizete e Fernando López sj -desde o Amazonas-, as actividades da Rede da Mocidade Solidaria (hoxe contra a violencia de xénero, o domingo pasado coas Ong´s e no mercado Calvario, ou na carreira Vigo contra el Cáncer). A todo iso engadimos o inicio das actividades do Programa de Voluntariado -culminando con preséncia mañá na gran recollida do Banco de Alimentos- e os máis de vinte voluntarios que acompañaron como monitores aos seus compañeiros de 4º, 5º e 6º EP nas súas convivencias.

ABRIMOS A PÁXINA DE FACEBOOK DO COLEXIO

A partir deste venres, 25 de novembro, abriremos de novo a nosa páxina de Facebook tras un período de axustes e melloras na mesma. Xunto a twitter, queremos que se converta nunha ferramenta de información constante con toda a comunidade educativa do colexio, coas familias dos nosos alumnos e coa sociedade en xeral.

Gustaríanos que todos os usuarios desta rede social entrases á nosa páxina para compartir informacións, dicir se vos gustan os post que imos colgado e para que nos axudedes a dar difusión da mesma a todos os niveis.

Como información principal nos próximos días, creamos un evento cos actos de celebración do Centenario do colexio en Vigo, que será o próximo 2 de decembro, e que podemos promocionar e compartir desde os nosos perfís e páxinas de Facebook.

 

O PAN, PROTAGONISTA NO COMEDOR ESTE VENRES

O programa educativo que este curso está a levarse a cabo no comedor escolar adica este venres a un alimento básico na nosa alimentación: o pan. Ofrecerase toda a variedade posible de pans: de cebada, noces e pasas, millo, cebola, multicereal,…  Ese día non haberá pan normal no menú, xa que se busca que os nenos e nenas investiguen os diferentes pans e que elixan o que máis lles guste.

O pasado mes, o último venres tamén foi especial para os usuarios do comedor, que gozaron cunha xornada de comida mexicana.

 

Eleccións Consello Escolar

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA