AVISO

AVISO:

Debido as previsións meteorolóxicas que anuncian posibles choivas ao longo do día de mañá, Venres, vémonos na obriga de aprazar o acto previsto no patio do colexio ás 11.30 como colofón da Semana Ignaciana e no marco do Centenario do colexio en Vigo.

Disculpen ás molestias.

 

CELEBRAMOS A SEMANA IGNACIA DURANTE TRES DÍAS

Un ano máis, todos os que formamos a comunidade educativa imos celebrar a Semana Ignaciana. O momento do curso no que miramos á nosa identidade como colexio dos xesuítas en no que damos a coñecer a misión da Compañía de Xesús. Todas as actividades serán os días 29, 30 e 31 de marzo.

Ademais, este curso sumamos a esta celebración o recordatorio do noso aniversario –os 100 anos de presenza en Vigo- e incidimos na campaña das Liñas de Forza, co lema deste ano “A nosa casa é o mundo”.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

O Colexio Apóstol Santiago quere informar ás familias que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou xa hai uns días axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, en concreto para a mellora das competencias en lingua inglesa, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Para solicitar estas axudas é preciso solicitar ao centro, a certificación de matrícula e unha certificación académica de cualificacións.

OBRADOIRO CON SERPENTINAS

REPORTAXE SOBRE O COLEXIO EN LA VOZ DE GALICIA

 

Queres saber como traballamos no noso colexio? A que damos importancia no modelo educativo que aplicamos en Vigo? Ou qué é o que buscamos para os nosos case 1.600 alumnos e alumnas?

Pódelo ler nesta reportaxe de La Voz de Galicia sobre centros innovadores na nosa comunidade. 

LUNS 20 DE MARZO

Co gallo de ofrecer a maior axuda e disponibilidade posible para as familias no último día para admisións de alumnado nas etapas concertadas, manteremos aberta ao público a Secretaría do Centro dende ás 09.00h ás 14.00h e de 16h a 18h.

Informamos de que a día de hoxe xoves, e segundo datos do propio centro, temos prazas disponibles en Infantil 3 anos, Infantil 4 anos, 1ºESO, 2ºESO, 3ºESO e 1º e 2ºBACHARELATO.

Quedamos a súa disposición.

Moitas grazas.

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA