CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

DÍA DO BOCATA

A VENDA OS TICKETS PARA O DÍA DO BOCATA DO VINDEIRO 31 DE XANEIRO

O Colexio celebra, dentro da Semana da Paz e a Solidariedade, o Día do Bocata o vindeiro martes 31 de xaneiro, entre as 12:30 e as 15:00 horas. Animamos a todo o alumnado e ás súas familias a participar nesta actividade solidaria na que se recadan fondos para Mans Unidas, Campaña contra a Fame.

Os tickets estarán a venda toda esta semana, entre o luns 23 e o venres 27 de xaneiro, nos seguintes puntos
-    Para o alumnado e profesorado: nas súas respectivas clases
-    Para as familias: na portería do colexio

Os tickets teñen un prezo 5 euros, puidendo colaborar tamén cun ticket de fila 0.

No caso de que necesitedes algún bocadillo especial para celíacos facédeo saber naquel punto de venda escollido. 
Animádevos a participar!! Colaboremos para que OUTRO MUNDO SEXA POSIBLE

 

FALECE O PAI EVARISTO RIVERA SJ, REITOR DO COLEXIO ENTRE 1974 E 1981

O pai Evaristo Rivera sJ faleceu esta fin de semana en Salamanca á idade de 88 anos. Este xesuíta, nacido en Ourense, foi reitor do Colexio Apóstol Santiago durante sete anos e un dos maiores estudiosos do mesmo. De feito, o seu libro “Colexio Apóstol Santiago. Historia dunha peregrinación”, é o gran referente para coñecer a historia do noso colexio. Noutros libros achéganos tamén, con gran profundidade, á realidade da Compañía de Xesús en Galicia.

O xesuíta Evaristo Rivera naceu o 7 de xaneiro de 1929 na ribeira ourensá do Miño, en Ourense. Estudou no Colexio Apóstol desde neno, e finalizou a súa etapa escolar en Vigo na promoción de 1945.  Un ano despois, o 7 de decembro do 46, entrou na Compañía de Xesús, e ordenouse sacerdote o 15 de xullo de 1960.

Tras finalizar a súa etapa como estudante no Apóstol, volveu ao colexio como mestre e educador e máis tarde sería reitor do mesmo (1974-1981) nunha época de cambio político social e educativo en España.

Desde 1992 era membro da Real Academia da Historia.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 
Estimadas familias:
 
É un pracer e un orgullo para o noso Colexio que teñades pensado en nós como unha posibilidade para escolarizar aos vosos fillos e fillas.
 
É a nosa vontade ofrecervos toda a información que precisedes para tomar unha decisión tan relevante coma esta, e por iso poñémonos ó voso servicio  para todo o que poidades necesitar neste proceso.
 
Desexando poder contar convosco nesta nova etapa, quedamos á vosa disposición.
 
Un saúdo agarimoso.
 
Iván Mirón Cabaleiro
Director Xeral
 
 
ADMISIÓN DE ALUMNOS NOVOS  2017-2018  ->  ver aquí
 
INSTRUCCIÓNS PROCESO DE ADMISIÓN 1- 20 DE MARZO -> ver aquí
 
Aplicación informática voluntaria da Xunta de Galicia-> acceder
 
 
 
FOLLETOS INFORMATIVOS:
 
- Díptico EU SON  -> ver
- Díptico INFANTIL  -> ver
- Díptico  Plurilíngüe -> ver
- Díptico PARAESCOLARES actividades 2016-2017 -> ver
- Díptico Colegio Compañia de Jesús -> ver
 
OPTATIVAS:
 
1º DE ESO -> ver
2º DE ESO -> ver
3º DE ESO -> ver
4º DE ESO -> ver
 
1º DE BACHARELATO -> ver
2º DE BACHARELATO -> ver
 
AUTORIZACIÓNS DE BILINGÜISMO
 
1º DE ESO -> ver
2º DE ESO -> ver
3º DE ESO -> ver
4º DE ESO -> ver
 
 

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN E PERCUSIÓN CORPORAL

Data: Venres 13 de Xaneiro ás 18:00

Participantes: Nenos e nenas de 5 a 8 anos

Lugar: Biblioteca do colexio

máis info +

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA