Identidade

O derradeiro obxectivo e razón de ser do Colexio Apóstol Santiago da Compañía de Xesús é o crecemento persoal e global da persoa, que leva aparellado a opción e o compromiso cos valores, consonte aos principios e visión humana e cristiá da vida. 

Centro plurilingüe

O noso Proxecto Educativo ten como obxectivo básico a formación integral, e dentro dela queremos dar resposta á necesidade de posuír, na sociedade actual, un bo dominio de como mínimo dous idiomas da Comunidade Europea e un manexo fluído dos mesmos.

Actividades Para Escolares

Actividades Paraescolares co fin de apoiar a formación integral, fomentar afeccións útiles para o positivo emprego do tempo de lecer e fomentar as relacións e os valores humanos.
Flexibilidade de horarios, niveis de ensino e tipo de actividade.

Premiados no XXV Concurso Ciencias Sociais Maratón de Preguntas

Noraboa a tódolos participantes e sobre todo os premiados:

Ver Premiados

Os que aparecen en gris (primeiros e segundos premios) deben acudir ao Acto de entrega de premios. O resto recibirán os seus premios persoalmente.

Solución os cuestionarios:

- Primaria

- 1º Ciclo ESO

- 2º Ciclo ESO

ENCONTRO LITERARIO CON MANUEL RIVAS

O prestixioso escritor galego, Manuel Rivas, compartiu parte do seu tempo cos alumnos maiores do colexio nun encontro literario que tivo lugar o martes, día 5 de abril, no salón de actos.  Ler unha boa obra literaria sempre é un pracer pero poder comentala co seu autor é un privilexio.
 
Manuel Cabada, xesuíta, filósofo e escritor comprometido con Galicia e co galego foi o encargado de darlle a benvida ao célebre escritor ademais de agasallalo co seu último  libro publicado “Galicia, raíces e compromiso”.
 

SEMANA DA FROITA 15-16

Os nenos de Infantil e Primaria participaron de novo no Proxecto da froita. Os compañeiros de 6º  visitaron tódalas aulas para animar aos seus compañeiros máis pequenos a probar tódalas froitas e levar unha alimentación saudable. ?

ENCONTRO LITERARIO CON MANUEL RIVAS

O martes, 5 de abril, MANUEL RIVAS, a voz máis sobranceira da literatura galega contemporánea, manterá un encontro literario cos alumnos de 4º ESO e Bacharelato do Colexio. O afamado autor comentará cos alumnos a súa obra Madonna e outros contos de inverno.

 

PREMIADOS NO IX CONCURSO DE PINTURA DE VIGOLANDIA

Os nosos alumnos Elena Alonso González de 2º de Primaria e José Iglesias Amoedo de 5º de Primaria,  foron distinguidos no IX Concurso de Pintura de Vigolandia. O pasado mércores 16 de marzo ás 11 horas foron recibidos polo noso alcalde Abel Caballero quen lles fixo entrega dos agasallos e diplomas no Concello de Vigo. Noraboa a Elena e a José, e tamén a o gran número de alumnos que participaron no Concurso demostrando moita creatividade e arte!

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA