ALBUM DE FOTOS FESTAS COLEXIAIS 2017

 

Compartimos o album de fotos das festas colexiais 2017 correspondentes ao segundo día, xoves 11 de maio.

Ver Album ->

A FROITA, PROTAGONISTA ESTE VENRES NO COMEDOR DO COLEXIO

Este venres, 26 de maio,  haberá unha mesa de exposición sobre as froitas e as súas propiedades. Será a modo informativo para os nenos e nenas do comedor.

Unha acción que forma parte do proxecto educativo que estamos a levar a cabo, desde o comedor, có noso alumnado. O podes consultar aquí

O SÁBADO 27, VISITA GUIADA PARA COÑECER A HISTORIA DO COLEXIO NA FINCA DE BELLAVISTA

O Colexio Apóstol Santiago organiza, o vindeiro sábado 27 de maio, unha xornada de portas abertas para realizar unha visita guiada polas súas instalacións e edificios. O obxectivo principal desta iniciativa é poñer en valor o patrimonio arquitectónico do colexio e a historia do mesmo na finca Bellavista, onde estamos instalados desde primeiros do século XX.

Queremos achegar, ademais de a toda a comunidade escolar do propio centro, aos cidadáns de Teis e aos de Vigo en xeral, a historia dun dos colexios centenarios da cidade.

DÍA HISTÓRICO PARA O COLEXIO COA GRADUACIÓN DE SEGUNDO DE BACHARELATO

Este venres, 19 de maio, foi o día da despedida do noso alumnado de 2º de Bacharelato. En total,  93 estudantes (50 mozas e 43 mozos) se graduaron nunha xornada cargada de emocións e de mostras de agarimo cara ao que foi o seu colexio durante os últimos anos, cara aos seus mestres e cara ás súas familias.

Páxinas

we advice you on question where you can buy ambien online cheap

i can advice you how to buy tramadol online tracking on USA tracking on USA